Últimos prezos dos produtos lácteos na Unión Europea e no mercado internacional

lacteos ue2020O Milk Market Observatory acaba de publicar os últimos prezos medios dos produtos lácteos no mercado interno da Unión Europea, correspondentes á primeira semana deste 2021. En xeral, houbo un descenso das cotizacións dos lácteos en 2020, especialmente en manteiga e leite en po, mentres que os queixos mantiveron os seus prezos.

En concreto, o prezo medio da manteiga na UE quedou na última cotización en 3,37 euros o quilo, un 0,1% menos que a semana precedente e cunha caída interanual do 8%.

O leite desnatado en po (SMP polas súas siglas en inglés), o produto lácteo que máis exporta a UE xunto co queixo, experimentou unha na primeira semana deste 2021 unha lixeira subida do 0,2%, quedando nos 2,20 euros o quilo, aínda que se mantén un 14% por baixo do prezo de hai 12 meses.

O leite enteiro en po (WMP) mantívose sen cambios nos 2,71 euros o quilo, un 11% menos que hai un ano.

Pola contra, os queixos son os que se libraron mellor da crise do coronavirus: O Cheddar cotízase a 3,09 euros o quilo nos mercados, cunha caída semanal do 4 %, pero comparándoo co prezo de hai 12 meses é un 4% superior; o Edam quedou en 3,13 euros o quilo, un 1% menos que a semana anterior, e un 3% menos que hai un ano; o Gouda tamén reduciu a súa cotización un 0,5% e págase a 3,17 euros o quilo, un 3% menos a nivel interanual. A excepción a esta baixada semanal dos queixos foi para o Emmental, que subiu o seu prezo nun 0,5%, até os 4,87 euros o quilo, e mantén a mesma cotización que hai 12 meses.

Por último, o soro de leite en po subiu un 0,4% na UE, quedando nos 0,78 euros o quilo, o que supón unha subida interanual do 2%.

Mercado internacional

No resto de potencias exportadoras de produtos lácteos, a evolución dos prezos foi similar aínda que con excepcións: Estados Unidos mantén o prezo da manteiga máis baixo (3,26 dólares o quilo), cunha baixada interanual do 25%, e é tamén onde máis descendeu o prezo do queixo e do leite en po.

lacteos ue2020 internacional

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información