Últimos prezos do mercado internacional de produtos lácteos

Últimos prezos do mercado internacional de produtos lácteos

O European Milk Market Observatory acaba de publicar o seu informe sobre a situación dos mercados de produtos lácteos tanto a nivel europeo como internacional.

Estas son as tendencias que se observan dende este observatorio do sector lácteo, dependente da Comisión Europea:

-A producción de leite na Unión Europea incrementouse nun 2% nos cinco primeiros meses do ano. En Nova Zelandia a produción en maio foi un 4,3% superior ao pasado ano; en Australia diminiu un 0,6% no que vai de campaña -a produción de leite é estacional segundo a disponibilidade de pastos- e en Estados Unidos, de xaneiro a maio deste ano acumula unha suba do 1,8% se se compara co mesmo período de 2019.

-O prezo medio na Unión Europea do leite estandarizado ao 4% de graxa e ao 3,3% de proteína foi de 0,329 euros o kilo no mes de maio, cunha baixada do 1,8% respecto a abril. En Nova Zelanda o prezo medio está en 0,314 euros o kilo e en Estados Unidos desplomouse até os 0,276 euros o kilo de leite, un 7% menos ca en abril, o que levou ao goberno estadouniense a poñer en marcha o mecanismo de seguro de ingresos para as explotacións.

-A produción de derivados lácteos na UE evolucionou de xaneiro e maio do seguinte xeito: aumento dun 6,9% da produción de leite en pó enteiro ( WMP); un 3,3% de leite envasado, un 0,9% máis de queixo e un 0,6% de incremento na produción de leite en po desnatado. Pola contra, baixou a produción de manteiga e de leite condensado.

-Os prezos medios dos produtos lácteos a pasada semana na UE foron os seguintes:

Manteiga: 336 €/100 kg, +3.6% nas últimas catro semanas

Leite desnatado en po (SMP) 211€/100 kg, -1.2% ,,

Leite enteiro en pó (WMP): 277 €/100 kg, -0.1% ,,

Queixo cheddar prices: 307€ /100 kg +1.1% ,,

O leite spot en Italia permanece estable nos 35.3 c/kg

-A Unión Europea é máis competitiva no mercado internacional respecto a Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) nos prezos do queixo, do leite en pó enteiro e, en menos medida, da manteiga.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información