Últimos días para inscribirse nos XII Premios Galicia Alimentación

Os interesados terán de prazo ata o venres, 8 de maio, ás 14.00 horas para anotarse a través do formulario dispoñible na páxina web do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA)

FOTO CLUSAGA- Premios Galicia Alimentacion 1O Clúster Alimentario de Galicia encara os últimos días para recibir as solicitudes dos XII Premios Galicia Alimentación, unha cita coa que Clusaga busca premiar ao sector dos alimentos e bebidas e que terá lugar o 11 de xuño nunha gala enmarcada no Foro Galicia Alimentación. O mencionado prazo de candidaturas estará dispoñible ata o venres, 8 de maio, ás 14.00 horas, a través da páxina web de Clusaga.

Unha mesma entidade ou profesional pode presentar candidaturas a varios premios, sexan ou non da mesma categoría.

Poden optar aos Premios Galicia Alimentación 2026 persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas, que teñan sede social, centros produtivos u exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia e institución galegas ou situadas fóra do territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios galegos.

Categorías

Os XII Premios Galicia Alimentación estarán divididos en dúas categorías. A primeira, ‘Alimentos e bebidas’, estará dedicada aos produtos en si. Estará integrada polos seguintes galardóns:

 

        Premio Galicia Alimentación ao Produto Innovador. Busca recoñecer aos produtos que destacan pola súa innovación, xa sexa en canto a ingredientes, formulacións, novos formatos de packaging intelixente/sostible, ou que despunten por poñer o foco na relación entre nutrición e saúde.

 

        Premio Galicia Alimentación ao Produto Excelente. Preténdese salientar a calidade diferenciada e o emprego de materias primas locais nos distintos produtos. Está dividido en tres subcategorías:

o   Excelencia Atlántica: enfocado en produtos de mar e a súa transformación.

o   Excelencia Terra: para galardoar artigos do sector agroalimentario (tanto da agricultura como da gandaría).

o   Excelencia Líquida: dirixido especificamente a premiar bebidas con identidade e expresión do territorio.

Baixo o título “Iniciativas do Sector Alimentario”, a segunda categoría concentra os seguintes galardóns: 

        Premio Galicia Alimentación á Proxección e Estratexia de Mercado. Premiarase o esforzo de empresas e organizacións do sector alimentación por acceder, desenvolver e consolidar a súa posición no mercado nacional e internacional. Neste sentido, valorarase o seu plan de márketing no posicionamento en novos nichos de mercado e a orientación ao consumidor, así como a implantación de campañas. Ademais, tamén se terá en conta a evolución continua e o dinamismo das exportacións na súa estratexia de internacionalización.

 

Nesta categoría terase en conta, ademais, o traballo desenvolvido por institucións situadas fóra e dentro de España en favor da promoción dos produtos alimentarios e bebidas galegas, actuando, así, como “embaixadores”.

 

        Premio Galicia Alimentación á Innovación. Dirixido a proxectos, institucións ou organizacións e empresas que destaquen polos seus proxectos de dixitalización (Fábrica 4.0) ou por ter implantado modelos de negocio disruptivos baseados no emprendemento.

 

        Premio Galicia Alimentación á Sustentabilidade. Recoñecerase as iniciativas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, economía circular e redución da pegada hídrica e/ou de carbono.

 

Bases da convocatoria:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información