Últimos días para inscribirse nos cursos de viticultura e enoloxía e fruticultura da Fundación Juana de Vega

Publicidade
Últimos días para inscribirse nos cursos de viticultura e enoloxía e fruticultura da Fundación Juana de Vega

A mazá de sidra está a ter gran demanda en Galicia

A Fundación Juana de Vega pecha estes días a inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.

A realización dos cursos terá unha compoñente teórica na aula e prácticas en finca. A inauguración dos cursos de viticultura será o mércores 22 de febreiro e o de fruticultura o xoves 23 ás 16 horas na Fundación Juana de Vega.

Nos cursos de viticultura traballarase fundamentalmente coas variedades de branco lexítimo e Agudelo.

Como novidade, no curso de fruticultura inclúese 40 horas máis de docencia para poder incidir nos aspectos fundamentais dos tratamentos necesarios para os cultivos. Os froiteiras cos que se traballa son: mazá, castaño, kiwi e pequenos froitos.

Consulta toda a información nos seguintes enlaces:

Curso Básico de viticultura e enoloxía

Curso avanzado de viticultura e enoloxía

Bases técnicas para o desenvolvemento da froiticultura en Galicia

As inscricións deberán realizarse por inscrición nos enlaces web anteriores.

Para calquera dúbida ou consulta, estamos á túa disposición en info@juanadevega.org, no teléfono 981.65.46.37.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información