Últimos días para inscribirse nos cursos de formación agrogandeira de AGACA

Tratase de dúas accións gratuítas homologadas pola Consellería do Medio Rural e destinadas ás persoas que procuren incorporarse ao sector; unha delas orientada ao ámbito dos cultivos intensivos e outra ao vacún leiteiro

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) imparte a partir de abril dous cursos gratis, dirixidos a persoas que van traballar no sector agroalimentario, sexa iniciando unha explotación propia ou en explotacións alleas. Estas formacións están homologadas pola Consellería do Medio Rural e a súa asistencia require da inscrición na web da asociación.

O curso ‘Incorporación á empresa agraria: orientación vacún de leite’ desenvólvese na modalidade de teleformación e ten como data de inicio prevista o 18 de abril. A data límite de inscrición é o 4 de abril. Trataranse temas como a produción de forraxes e alimentación para gando ou a produción de leite e manexo.

Cartel de AGACA coa programación do curso sobre a orientación vacún de leite

Cartel de AGACA coa programación do curso sobre a orientación vacún de leite

En canto ao curso ‘Incorporación á empresa agraria: orientación cultivos intensivos’ impartirase por Internet e comeza o 25 de abril. Entre outras, abordaranse temas como os cultivos de horta e flor, ou sanidade vexetal. A data límite de inscrición é o 10 de abril.

Cartel de AGACA sobre a formación en cultivos intensivos

Cartel de AGACA sobre a formación en cultivos intensivos

As iniciativas forman parte do proxecto ‘Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia’, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social.

Conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información