Por primeira vez, a Fundación Juana de Vega incorpora ao programa dos seus Cursos de fruticultura o Obradoiro de enxertos de primavera (nivel iniciación).
Con esta formación de dous días dá continuidade aos cursos de poda de árbores froiteiras e ao de poda de viñedo que se realizaron a principios de 2026, incorporando unha técnica complementaria á poda e esencial para a multiplicación, adaptación e conservación de árbores froiteiras.
Se a poda contribúe a formar a árbore, equilibrar o seu desenvolvemento e mellorar a calidade e cantidade de froita, o enxerto permite traballar sobre a reprodución varietal, a elección de portaenxertos, a recuperación de variedades locais e a adaptación do material vexetal a diferentes condicións produtivas.
O obradoiro impartirase o mércores 17 e xoves 18 de xuño na sede da Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós (Oleiros) en horario de 16:00 a 20:00h. O custe da inscrición é de 60€.
O docente será Filippo Foglia, biólogo molecular, asesor en agroforestería e especialista en prácticas rexenerativas. Conta con máis de sete anos de experiencia impartindo talleres de enxertos no marco do seu proxecto Finca Las Guindas.
Formulario para inscribirse dispoñible online na web da Fundación Juana de Vega

Galego





Control OJD