A Deputación da Coruña e a Asociación Baroña firman un convenio de colaboración que permitirá a creación do Centro de Transformación Colaborativo e Alimentario Baroña. Trátase dunha infraestrutura pioneira destinada a fortalecer o sector agroforestal local e promover un modelo de desenvolvemento sostible no rural.
Así, a Deputación destina 160.000 euros, cos que busca mellorar a calidade e competitividade dos produtos agroalimentarios, ofrecer formación práctica e transformación e valorización alimentaria, e fomentar a creación de emprego no territorio.
O Centro combinará a transformación de alimentos coa formación especializada en técnicas agroalimentarias, converténdose nun espazo de innovación e aprendizaxe compartida. As súas instalacións estarán abertas non só á comunidade de montes veciñais de Baroña, senón tamén a pequenos produtores da comarca do Barbanza, que poderán utilizalas para elaborar conservas, marmeladas, zumes, pan, bolería ou produtos cárnicos e do mar.
A iniciativa tamén inclúe un espazo de talleres formativos e redes colaborativas, co obxectivo de crear sinerxías entre produtores locais, emprendedores e colectivos sociais da zona.
O novo centro tomará como referencia a experiencia de “Transformando en Brión”, un proxecto que xa funciona no Centro Comercial Monte Balado
No acto de sinatura, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que “o Centro de Transformación de Baroña é un exemplo de innovación rural con raíces locais: aposta pola economía circular, polos produtos de proximidade e pola sustentabilidade ambiental. Suporá unha oportunidade real para que pequenos produtores e produtoras poidan transformar e comercializar os seus produtos sen ter que abandonar o territorio”. Así mesmo, tamén firmou o o presidente da Asociación Baroña, Ovidio Manuel Queiruga.
O novo centro tomará como referencia a experiencia de “Transformando en Brión”, un proxecto de éxito apoiado tamén pola Deputación e que xa funciona no Centro Comercial Monte Balado. A alta demanda neste espazo, dedicado á transformación de produtos de horta e conservas, inspirou a creación dun modelo similar en Baroña.
Segundo explicou Formoso, “o que aprendemos en Brión demostra que hai moito talento e capacidade no rural galego, só fai falta ofrecer as ferramentas adecuadas. Con Baroña damos un paso máis cara a un modelo descentralizado e colaborativo de produción alimentaria
Galego









Control OJD