Últimas prazas dispoñibles para a Escola de Preparadores CONAFE 2021

Últimas prazas dispoñibles para a Escola de Preparadores CONAFE 2021

Escola de Preparadores da Confederación Nacional da Frisoa Española (CONAFE) 2021 xa está a piques de esgotar a cota de prazas de inscrición para a súa 15ª edición, que volve celebrarse unha vez máis no I.E.S. de Luces situado na localidade de Colunga (Asturias), tras o parón do pasado ano debido á pandemia. A formación está destinada para alumnos entre 12 e 25 anos de idade e impartirase entre o luns 5 e o venres 9 de xullo de 2021.

Durante o cinco días que dura o programa, os participantes da Escola de Preparadores recibirán formación e realizarán prácticas sobre amarre de animais, encamado, alimentación, lavado, doma e paseo, muxido, pelado, podoloxía, benestar das vacas, manexo e xulgamento dos animais na pista de competición, xenética, xenómica, programa de axustes CONAFEMAT e morfoloxía da vaca frisoa, entre outros temas.

Información e inscricións a través de CONAFE chamando aos seguintes números de teléfono: 91 895 24 12 ou a través do email conafe@conafe.com.

O prezo mantense en 370 euros e inclúe o curso, o aloxamento e todas as comidas desde o inicio do curso o luns 5 á súa finalización o venres 9 ao mediodía.

Ademais, os socios do Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia con polo menos un ano de antigüidade que se inscriban a través do club terán un 30% de desconto na súa inscrición.

banner escuela preparadores 2021 CONAFE

Pola escola pasaron máis de 200 alumnos

A Escola de Preparadores é unha actividade de formación gandeira que organiza a Confederación Nacional de Frisoa Española (CONAFE) coa colaboración de ASCOLAF, Asociación Asturiana de Control Lechero de la Raza Frisona, do IES de Luces, e que conta co patrocinio do Servizo de Podoloxía Pura, de ASA (Asturiana de Servicios Agropecuarios) e da Fundación Caixa Rural de Asturias.

Pola Escola de Preparadores de CONAFE pasaron máis de 200 alumnos e alumnas, moitos dos cales son hoxe profesionais no sector gandeiro con vacas frisoas, ben nas súas explotacións familiares, tomando a substitución en moitas ocasións dos seus pais, ou ben como profesionais na preparación de animais para concursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información