Últimas cotizacións do leite e dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de xuño para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 735 €/100 kg, +0,6 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 245€/100 kg, +0,1 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 436 €/100 kg, – 0,2 % ,,
-Queixo cheddar: 459 € /100 kg -0,6% nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia subiu esta semana ata os 0,59 euros o litro, iniciando unha tendencia á alza propia do verán. O prezo medio do leite na Unión Europea foi en abril de 0,53 euros o litro, o máis alto dos principais países exportadores: Sirva como exemplo que en Nova Zelandia e en Estados Unidos situouse nos 0,392 e 0,395 euros o litro, respectivamente.

Captura de pantalla 2025-06-13 092728

Polo que respecta á situación nos principais países exportadores (Estados Unidos e Nova Zelandia) os prezos do leite en pó, da manteiga e do queixo están como seguen:

Captura de pantalla 2025-06-13 092622

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información