Últimas cotizacións do leite e dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións desta primeira semana de febreiro dos produtos lácteos, cunha tendencia á baixa, especialmente preocupante no caso da manteiga. A nota positiva é a leve recuperación do prezo do leite en po desnatado e do queixo.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de febreiro para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 410 €/100 kg, -4,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 215 €/100 kg, +3,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 303 €/100 kg, -1,7 % ,,
-Queixo cheddar: 378 € /100 kg +1% nas últimas catro semanas

Captura de pantalla 2026-02-05 120302

O prezo do leite spot en Italia baixa lixeiramente ata os 0,283 euros o litro.

Captura de pantalla 2026-02-05 120240 Captura de pantalla 2026-02-05 120225

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha importante suba dos produtos lácteos do 6,7%. Así, houbo unha suba do 5,3 % no leite en po enteiro, o desnatado revalorizouse un 10,6% respecto á última poxa; a cotización da manteiga subiu un 8,8%, mentres que a cotización do queixo remontou nun 3,8%.

Captura de pantalla 2026-02-05 120326

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 1,2 % nesta primeira semana de febreiro en relación a hai un mes e os de enerxía fixérono nun 3,7 %.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información