Últimas cotizacións do leite e dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este pasado mércores as cotizacións da cuarta semana de xaneiro dos produtos lácteos, continuando a tendencia á baixa no caso da manteiga, e unha leve recuperación no leite en pó e no queixo.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta cuarta semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 419 €/100 kg, -3,8 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 210 €/100 kg, +1,9 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 312 €/100 kg, +1,5 % ,,
-Queixo cheddar: 377 € /100 kg -1,7% nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia  sobe lixeiramente ata os 0,288 euros o litro.

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 0,3% na cuarta semana de xaneiro en relación a hai un mes e os de enerxía tamén se encareceron nun 2,5 %.

Captura de pantalla 2026-02-02 120153 Captura de pantalla 2026-02-02 114724

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información