Últimas cotizacións do leite e dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións desta terceira semana de 2026 dos produtos lácteos, cunha tendencia á baixa, especialmente preocupante no caso da manteiga, que ata agora axudara a manter os prezos no campo na UE, cun importante diferencial positivo de case 15 céntimos por litro en comporación con Estados Unidos e Nova Zelandia, os outros dous grandes exportadores de produtos lácteos. A tendencia xa se está trasladando ao campo e en xaneiro o prezo medio na UE caeu ata os 0,49 euros o litro.

Captura de pantalla 2026-01-22 223222

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 429 €/100 kg, -2,6 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 208 €/100 kg, +1,8 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 305 €/100 kg, -0,4 % ,,
-Queixo cheddar: 373 € /100 kg -5,2% nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia  baixa ata os 0,28 euros o litro, marcando un mínimo dos últimos 4 anos.

Captura de pantalla 2026-01-22 223132 Captura de pantalla 2026-01-22 223247

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha suba dos produtos lácteos do 1,5%. Así, houbo unha suba do 1 % no leite en po enteiro, o desnatado revalorizouse un 2,2% respecto á última poxa; a cotización da manteiga subiu un 2,1%, mentres que a cotización do queixo remontou nun 1,4%.

Captura de pantalla 2026-01-22 223303

Captura de pantalla 2026-01-22 223234

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite baixaron de media nun 0,1% nesta tercera semana de xaneiro en relación a hai un mes e os de enerxía caeron nun 0,2%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información