O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións desta primeira semana de 2026 dos produtos lácteos, destacando unha certa recuperación de prezos, sobre todo no caso do leite en pó, tras varios meses de baixadas, o que fai prever unha tendencia á alza dentro da dinámica de fortes altibaixos na que se move o mercado dende a supresión das cotas lácteas.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 454 €/100 kg, -1,6 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 205 €/100 kg, +1,0 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 310 €/100 kg, +1,3 % ,,
-Queixo cheddar: 376 € /100 kg -9,3% nas últimas catro semanas
O prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,30 euros o litro, marcando un mínimo dos últimos 4 anos.


En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha importante suba dos produtos lácteos do 6,3%. Así, houbo unha suba do 7,2 % no leite en po enteiro, o desnatado revalorizouse un 5,4% respecto á última poxa; a cotización da manteiga subiu un 3,8%, mentres que a cotización do queixo remontou nun 0,6%.

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite baixaron de media nun 0,4% nesta primeira semana de xaneiro en relación a hai un mes e os de enerxía caeron nun 2,2%.
Galego








Control OJD