O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións desta última semana de novembro dos produtos lácteos, destacando a continuidade da tendencia á baixa, algo que de momento non se está a trasladar ao leite en orixe no caso de España.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta cuarta semana de novembro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 545 €/100 kg, -2,6 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 212 €/100 kg, -1,3 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 338 €/100 kg, -2,8 % ,,
-Queixo cheddar: 435 € /100 kg -0,8% nas últimas catro semanas
O prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,43,3 euros o litro.

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite incrementáronse de media nun 1,6% nesta cuarta semana de novembro en relación a hai un mes e os de enerxía subiron un 3,8%.
Galego









Control OJD