Últimas cotizacións do leite e dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións desta segunda semana de novembro dos produtos lácteos, destacando a continuidade da tendencia á baixa. O prezo do leite spot en Italia  baixa ata os 0,47 euros o litro.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de novembro para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 547 €/100 kg, -3,9 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 214 €/100 kg, -1,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 341 €/100 kg, -5,2 % ,,
-Queixo cheddar: 439 € /100 kg -0,5% nas últimas catro semanas

Captura de pantalla 2025-11-14 165438 Captura de pantalla 2025-11-14 165511

Prezos do leite

En canto aos prezos do leite en orixe, a media na Unión Europea en setembro foi de 0,534 euros por litro, un 0,4% máis que en agosto e un 7,7% máis en relación ao mesmo mes de 2024. O prezo medio estimado para o mes de outubro é de 0,529 euros o litro, o que supón unha baixada do 0,9%.

En Nova Zelandia o prezo medio en agosto baixou un 1,1%, quedando nos 0,381 euros o litro e en Estados Unidos a cotización media foi de 0,373 euros o litro, un 0,1% menos.

Captura de pantalla 2025-11-14 165427

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite incrementáronse de media nun 5% nesta segunda semana de novembro en relación a hai un mes e os de enerxía subiron un 5,2%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información