O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións da segunda semana de xuño dos produtos lácteos, destacando a recuperación dos prezos da manteiga e do queixo, e a baixada do leite en po.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de xuño para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 405 €/100 kg, + 2,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 279 €/100 kg, – 0,3 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 326 €/100 kg, -2,4 % ,,
-Queixo cheddar: 314 € /100 kg +0,2 % nas últimas catro semanas
O prezo do leite spot en Italia sube ata os 0,395 euros o litro.

En Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) as últimas cotizacións son as seguintes:

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 3,4 % nesta segunda semana de maio en relación a hai un mes e os de enerxía baixaron nun -2.7%.
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea
Galego








Control OJD