Últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións da última semana de marzo dos produtos lácteos, destacando a recuperación dos prezos do leite en po desnatado. En canto ao leite en orixe, a media das cotizacións en xaneiro en Europa foi de 0,452 euros o litro.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta cuarta semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 435 €/100 kg, +0,4 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 259 €/100 kg, +4,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 340 €/100 kg, +1,4 % ,,
-Queixo cheddar: 330 € /100 kg +0,6 % nas últimas catro semanas

Captura de pantalla 2026-04-04 083707

O prezo do leite spot en Italia pecha marzo cunha lixeira subida ata os 0,218 euros o litro.

En Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) as últimas
cotizacións están a ser tamén á alza, especialmente nos prezos do leite en po desnatado:

Captura de pantalla 2026-04-04 083748

Suben nun 23,1% os custos da enerxía

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 3 % nesta cuarta semana de marzo en relación a hai un mes e os de enerxía disparáronse nun 23,1 % debido ao conflicto de Estados Unidos e Israel con Irán.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información