Últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O prezo do leite spot en Italia baixou esta semana ata os 0,598 euros o litro, aínda que se mantén en niveis altos. O prezo medio na Unión Europea quedou en xuño nos 0,532 euros o litro, un 15% máis que hai un ano.

Captura de pantalla 2025-08-07 173309

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de agosto para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 712 €/100 kg, -2,8 % nas últimas catro semanas.
-Leite desnatado en po (SMP) 240 €/100 kg, +0,5 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 425 €/100 kg, – 1,0 % ,,
-Queixo cheddar: 462 € /100 kg +0,2% nas últimas catro semanas

En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga e do queixo, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro e desnatado.

Captura de pantalla 2025-08-07 173219

Poxa de Fonterra

Por último, a poxa desta semana da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou cunha suba do 0,7 %. En concreto, subiu a cotización do leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- nun 2, 1 %, mentres que se rexistraron baixadas no caso do queixo (-0,6%), así como na manteiga (-3,8%) .

Captura de pantalla 2025-08-07 173337

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información