O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as últimas cotizacións dos produtos lácteos así como do leite en orixe, destacando a baixada do leite en po, mentres que o queixo, e sobre todo a a manteiga, segue á alza e xa se paga a 7,90 euros o quilo.
En canto ás cotizacións desta terceira de outubro na Unión Europea son as seguintes:
-Manteiga: 790 €/100 kg, +2,6 % nas últimas catro semanas. É o prezo máis alto da serie histórica.
-Leite desnatado en po (SMP) 250 €/100 kg, -2,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 415 €/100 kg, -3,2 % ,,
-Queixo cheddar: 418 € /100 kg +4,3% nas últimas catro semanas
O prezo do leite spot en Italia quedou esta semana nos 0,65 euros o litro, o mesmo que a semana pasada.
Situación internacional
A día de hoxe, a Unión Europea só é máis competitiva no leite en pó desnatado, mentres que Estados Unidos ten os menores prezos da manteiga e Nova Zelandia no leite en po enteiro e no queixo.
Poxa de Fonterra
Por último, a poxa desta semana da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou cunha baixada do 0,3%. En concreto, caeu a cotización da manteiga e do leite desnatado en po, mentres que subiu o queixo.