O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións desta cuarta semana de xullo dos produtos lácteos, destacando a estabilidade no prezo da manteiga, mentres que cae lixeiramente o leite en po. O prezo do leite spot en Italia sobe un céntimo ata os 0,565 euros o litro.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta cuarta semana de xullo para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 654 €/100 kg, +1,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 235 €/100 kg, -2,0 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 380 €/100 kg, -0,8 % ,,
-Queixo cheddar: 389 € /100 kg +0,5% nas últimas catro semanas
En canto ás cotizacións nos principais países exportadores (Nova Zelandia e Estados Unidos) , Estados Unidos segue sendo máis competitivo nos prezos da manteiga e do queixo, mentres que Nova Zelandia ten os prezos máis baixos no leite en po.
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea