Últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou as cotizacións desta última semana de maio dos produtos lácteos, destacando a caída dos prezos da manteiga e do leite en po enteiro, así como a suba do desnatado.

O importante incremento das entregas de leite non axuda a unha recuperación das cotizacións: No primeiro trimestre do ano a produción de leite na Unión Europea incrementouse nun 4,4%; e en marzo a suba da produción medrou nun 9,8% en Nova Zelanda e nun 2,3% en Estados Unidos.

Captura de pantalla 2026-05-31 102925

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta cuarta semana de maio para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 394 €/100 kg, -1,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 279 €/100 kg, +2,2 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 334 €/100 kg, -0,1 % ,,
-Queixo cheddar: 314 € /100 kg -0,4 % nas últimas catro semanas

Captura de pantalla 2026-05-31 102753

O prezo do leite spot en Italia sube ata os 0,353 euros o litro.

En Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) as últimas cotizacións son as seguintes:

Captura de pantalla 2026-05-31 102811

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 3 % nesta segunda semana de maio en relación a hai un mes e os de enerxía baixaron nun -2.4 %.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información