Últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións da segunda semana de maio dos produtos lácteos, destacando a caída dos prezos da manteiga e do leite en po enteiro, así como a suba do desnatado.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de maio para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 398 €/100 kg, -3,4 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 278 €/100 kg, +5,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 331 €/100 kg, -1,8 % ,,
-Queixo cheddar: 314 € /100 kg -0,6 % nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia sube ata os 0,31euros o litro.

Captura de pantalla 2026-05-14 114111

En Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) as últimas cotizacións son as seguintes:

Captura de pantalla 2026-05-14 114120

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 1,9 % nesta segunda semana de maio en relación a hai un mes e os de enerxía baixaron nun -2.6%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información