O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións da última semana de abril dos produtos lácteos, destacando a caída dos prezos da manteiga e do queixo, unha baixada influída en gran medida pola guerra contra Irán, xa que países de Oriente Medio como Arabia Saudita, Iraq ou Omán, son uns dos principais destinos para as exportacións europeas de produtos lácteos.
O importante aumento das entregas de leite tampouco axuda: En xaneiro e febreiro subiron na Unión Eupea un 4,5 % en relación ao mesmo período ano pasado, mentre que en Estados Unidos se incrementaron nun 3,2%.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta última semana de abril para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 409 €/100 kg, -4,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 267 €/100 kg, +3,5 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 337 €/100 kg, -0,4 % ,,
-Queixo cheddar: 314 € /100 kg -1,1 % nas últimas catro semanas
O prezo do leite spot en Italia sube ata os 0,293 euros o litro.
En Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) as últimas cotizacións son as seguintes:

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 1,2 % nesta última semana de abril en relación a hai un mes e os de enerxía baixaron nun -4.3%.
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea
Galego







Control OJD