Últimas cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos, destacando a baixada xeneralizada, agás na manteiga.

O prezo do leite spot en Italia baixa lixeiramente ata os 0,55 euros o litro, o prezo máis alto dos últimos 5 anos para un mes de abril. O prezo medio estimado do leite é de 0,537 euros o litro para o conxunto da Unión Europea no mes de marzo.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de abril para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 739 €/100 kg, +0,3 % nas últimas catro semanas, segue en máximos históricos
-Leite desnatado en po (SMP) 248 €/100 kg, -0,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 435 €/100 kg, – 0,4 % ,,
-Queixo cheddar: 460 € /100 kg -2,4% nas últimas catro semanas

Os custos de produción nas ganderías de vacún de leite da UE seguen baixando: un 0,8% menos no caso da alimentación e un 3,8% na enerxía, respecto a hai un mes.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información