O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este venres as últimas cotizacións dos produtos lácteos, destacando a leve baixada xeneralizada respecto a hai un mes.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de maio para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 737 €/100 kg, -0,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 246 €/100 kg, -0,2 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 437 €/100 kg, – 0,1 % ,,
-Queixo cheddar: 459 € /100 kg -1,1 % nas últimas catro semanas