Últimas cotizacións dos produtos lácteos: A baixada da produción e a revalorización da manteiga manteñen os prezos

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións desta terceira semana de xuño dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O prezo do leite spot en Italia mantense sen cambios, con cotizacións altas: 0,538 euros o litro.

prezos lacteos UE 24 junho 3

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de xuño para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 632 €/100 kg, +2,9 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 246 €/100 kg, -0,04 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 377 €/100 kg, +0,6 % ,,
-Queixo cheddar: 387 € /100 kg -0,8%

A recuperación dos prezos dos produtos lácteos vese favorecida pola baixada da produción: no mes de abril caeu de forma interanual un 4,1% en Nova Zelanda, un 0,4 % en Estados Unidos e un 1,7% no Reino Unido. Só a Unión Europea e Australia, entre os grandes exportadores, aumentaron as entregas en abril: un 1 e un 2,5% respectivamente. Os prezos do leite en orixe a nivel internacional quedaron nese mes en 0,46 euros o litro de media na UE, 0,37 en Estados Unidos e 0,33 en Nova Zelandia (estes últimos cunha media do 4,2% de graxa).

prezos lacteos Fonterra 24 junho 3

En canto á poxa da cooperativa neozelandesa Fonterra, baixou esta semana 0,5 puntos, con subas na manteiga (6,2%) que non compensaron a caída dos demáis produtos lácteos (-2,5% no leite en po e -1% no queixo).

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información