Últimas cotizacións dos produtos lácteos

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este venres as últimas cotizacións dos produtos lácteos.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de maio para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 724 €/100 kg, -1,6 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 247 €/100 kg, +0,9 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 436 €/100 kg, – 0,2 % ,,
-Queixo cheddar: 461 € /100 kg -0,04 % nas últimas catro semanas

Captura de pantalla 2025-05-14 185200

O prezo do leite spot en Italia subiu lixeiramente esta semana ata os 0,543 euros o litro.

En canto aos custes de alimentación baixaron un 3,3% e os de enerxía (gasóleo, electricidade) nun 6%, respecto a hai catro semanas.

Polo que respecta á situación nos principais países exportadores (Estados Unidos e Nova Zelandia) os prezos do leite en pó, da manteiga e do queixo están como seguen:

Captura de pantalla 2025-05-14 185213

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información