O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións dos produtos lácteos, destacando a baixada no prezo da manteiga e do leite en po e o forte repunte do queixo. O prezo do leite spot en Italia sobe ata os 0,60 euros o litro.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 740 €/100 kg, -1,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 253 €/100 kg, -1,8 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 429 €/100 kg, – 1,7 % ,,
-Queixo cheddar: 477 € /100 kg +2,3% nas últimas catro semanas
En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga e do queixo, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro e a Unión Europea no leite en po desnatado.
Poxa de Fonterra
Por último, a poxa desta semana da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou cunha suba do 1,4%. En concreto, subiu a cotización do leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- nun 5%, mentres que o queixo e a manteiga se revalorizaron un 2,8 e un 2,2%, respectivamente.
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea