O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos, destacando a baixada xeralizada, con maior intensidade no caso da manteiga. O prezo do leite spot en Italia mantense sen cambios nos 0,515 euros o litro.

O prezo medio na Unión Europea quedou en agosto nos 0,532 euros o litro, un 0,7% máis que en xullo e un 12% máis se se compara co de agosto de 2024. O Observatorio do Sector Lácteo da UE estimA que o prezo medio en setembro subirá un 0,6% e quedará de media nos 0,536 no conxunto da UE. Unha cotización que se mantén moi por riba dos outros dous principais exportadores de produtos lácteos a nivel internacional: En agosto o prezo do leite en orixe baixou en Nova Zelandia un 1,3% e quedou nos 0,385 euros o litro mentres que en Estados Unidos caeu un 0,3% e quedou nos 0,374 euros o litro.
As entregas de leite entre xaneiro e xullo caeron na Unión Europea nun 0,4% en relación ao mesmo período do 2024, mentres que en Nova Zelandia incrementáronse nun 6,5% e en Estados Unidos nun 1,4%.

En canto ás cotizacións na Unión Europa nesta segunda semana de outubro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 582 €/100 kg, -6,1 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 221 €/100 kg, -2,5 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 371 €/100 kg, – 5,5 % ,,
-Queixo cheddar: 444 € /100 kg -0,4% nas últimas catro semanas
Polo que respecta á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga, do queixo e do leite en po desnatado, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro.

Por último, destacar que na Unión Europea os custos de enerxía para as ganderías de vacún de leite caeron nesta segunda semana de outubro nun 0,3% e os da alimentación nun 0.6%.
Galego









Control OJD