O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos, destacando a baixada no prezo da manteiga e do leite en po enteiro e o forte repunte do queixo. O prezo do leite spot en Italia tamén cae ata os 0,57 euros o litro.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de febreiro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 718 €/100 kg, -2,5 % nas últimas catro semanas, aínda que segue en máximos históricos
-Leite desnatado en po (SMP) 255 €/100 kg, +0,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 434 €/100 kg, – 037 % ,,
-Queixo cheddar: 499 € /100 kg +2% nas últimas catro semanas
En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga e do queixo, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro e a Unión Europea no leite en po desnatado.
Poxa de Fonterra
Por último, a poxa desta semana da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou cunha baixada do 0,6 %. En concreto, caeu a cotización do leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- nun 0, 2 % e nun 3,4% no caso do queixo, mentres que a manteiga se revalorizou nun 2,2%.
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea