O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións dos produtos lácteos, destacando as leves subas no prezo da manteiga e do leite en po desnatado. O prezo do leite spot en Italia baixa lixeiramente ata os 0,65 euros o litro.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de decembro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 789 €/100 kg, +1,7 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 259 €/100 kg, -0,0 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 431 €/100 kg, + 0,4 % ,,
-Queixo cheddar: 428 € /100 kg – 0,2% nas últimas catro semanas
En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga e do queixo, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro e a Unión Europea no leite en po desnatado.
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea