Última poxa do ano de Acruga, con 10 xovencas en Pedrafita do Cebreiro

Última poxa do ano de Acruga, con 10 xovencas en Pedrafita do Cebreiro

Poxa da pasada primavera en Pedrafita. / Arquivo.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, celebrará mañá xoves, día 21, en Pedrafita do Cebreiro a súa derradeira subasta do ano. Trátase dun recinto gandeiro no que Acruga sempre consigue bos resultados, polo que a organización agarda boas vendas e cotizacións para as dez novillas preñadas que se presentarán á subasta.

Todas elas chegan a Pedrafita procedentes da granxa Gayoso Castro, onde a Deputación de Lugo xestiona o centro de recría no que se seleccionan os mellores exemplares que van a este tipo de poxas. O prezo de saída será de 2.300 euros, coa axuda á compra que aporta Caixa Rural Galega para cada un dos exemplares de 200 euros. A retirada de tarxetas, poderase facer, como sempre, desde unha hora antes do comezo da subasta, no mesmo recinto gandeiro.

Poderase poxar por dez novillas preñadas duns seis meses, con idades comprendidas entre os 23 e os 28 meses, e con moi boas cualidades como o demostran as xeonealoxías nas que figuran sementais como Colón AG, Cubillón AG, Xeitoso AG, Pokemón AG ou Pavaroti AG, entre outros.

Esta subasta é a segunda que se celebra no que vai de ano en Pedrafita do Cebreiro, que sempre acolle unha poxa en abril e outra en setembro. Esta última tivo que aprazarse por problemas derivados da EHE. Este subasta é parte do programa desenvolvido pola Deputación de Lugo para a dinamización e potenciación da Raza Rubia Galega nas explotacións lucenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información