A última iniciativa promocional dos viños de Monterrei congrega a medio cento de profesionais da hostalaría en Ribadeo

Publicidade

Tunel_Ribadeo DO Monterrei1

A localidade de Ribadeo foi testemuña da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na que estiveron presentes máis de medio cento de profesionais da canle Horeca.

Garantindo as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, esta actividade acolleu unha ampla representación do sector de distribución, hostalería, catadoras ou restauración. Entre eles atopábanse representantes do Parador de Ribadeo, Restaurante A Lonxa, Vinoteca O Cortello, Hotel Faro Isla Pancha, DEO Distribucións, Distribuidores C.M. Ribadeo, IES Foz, Gastroberni, entre outros.

Os participantes nesta iniciativa recibiron información sobre as peculiaridades de chan e clima, a súa tradición vitivinícola, ademais de variedades de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as características dos viños das 21 adegas que formaron parte desta acción promocional: Ladairo, Pazos do Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Xusto (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Ao-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Un total de 21 adegas participaron nesta acción promocional na que se achega información das peculiaridades de chan, clima e variedades de uva da zona incluída na denominación de orixe

“A Mariña Lucense é parada obrigatoria para a D.O. Monterrei, e por iso, quixemos volver este ano a presentar o produto das nosas adegas, e achegarllo aos nosos prescritores, e así seguir demostrando a calidade dos nosos brancos e tintos”, manifesta a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Está conformada por 27 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 656,7 hectáreas de territorio nas que traballan 365 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información