A UE aproba cambios na IXP Mel de Galicia: Nova categoría de “Mel de Bosque” e baixa a porcentaxe para o mel de queiroga

A UE aproba cambios na IXP Mel de Galicia: Nova categoría de “Mel de Bosque” e baixa a porcentaxe para o mel de queiroga

O Diario Oficial da Unión Europea ven de publicar a aprobación dos cambios do prego de condicións da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, incorporando a categoría de “Mel de Bosque” e baixando a porcentaxe esixible para que un mel sexa calificado como monofloral de queiroga. Estas modificacións supoñen un importante logro para o selo de calidade galego, posto que eran unhas premisas moi demandadas dentro do sector.

En concreto, as principais modificacións aprobadas pola Unión Europea na normativa da IXP Mel de Galicia, e que cultiman un traballo de dous anos, destaca a incorporación dunha nova categoría de mel, o “mel de melada”, que poderá levar a mención “Mel de bosque” na súa etiquetaxe. O seu espectro polínico corresponderase coas plantas características da vexetación galega, destacando a presenza dos tipos polínicos de castiñeiro, silva, xesta e queiroga.

Do mesmo xeito, actualízanse diversos aspectos da descrición sensorial dos diferentes tipos de mel e rebáixase a porcentaxe de pole de queiroga na caracterización meliso-palinolóxica do seu mel monofloral, pasando do 45 ao 30%. A nova normativa tamén entra nas diversas especificacións do método de obtención, axustándoas á realidade actual, adecuándose así o sistema de control e certificación aos requisitos establecidos na norma.

Enlace aos cambios aprobados pola Comisión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información