A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga seguros estrea nova web

A correduría galega especializada en seguros agroalimentarios aposta pola dixitalización

Ucoga seguros estrea nova web

A web de Ucoga reaparece cun coidado deseño, moito máis intuitivo, áxil e dinámico.

Desde o seu nacemento no ano 2013, Ucoga non parou de crecer. Na compañía afirman que a atención personalizada aos seus clientes, o coñecemento do sector e o trato humano son as claves do éxito da correduría.

O obxectivo da empresa non é outro que o de ofrecer o mellor servizo posible aos seus asegurados, da maneira máis eficaz. Por este motivo investiron en innovación e desenvolvemento tecnolóxico, apostaron pola dixitalización para estar un paso máis preto do cliente e facilitarlle así a comunicación directa por diversos medios.

A web de Ucoga reaparece cun coidado deseño, moito máis intuitivo, áxil e dinámico. O portal céntrase en achegar información de calidade sobre os seus produtos e servizos. Conta con novos métodos de contacto para facilitar a usabilidade tanto do proceso de consulta e contratación de seguros por parte do usuario, como da utilización dos servizos dispoñibles para o cliente. Ofrece un sinxelo manexo da web tanto desde o computador como desde o móbil ou tablet.

Desde Ucoga fálannos da incorporación dun Blog de contido moi dinámico, cuxo principal obxectivo será ofrecer noticias de interese sobre o sector e facer máis comprensible o sector asegurador a través de artigos explicativos.

A compañía segue avanzando cara á transformación dixital para adaptarse á evolución do mercado, cuxo protagonista principal é o consumidor dixital. Por todo iso, a páxina web de Ucoga estará en continuo desenvolvemento, optimizando de maneira constante o seu deseño, funcionalidade e contidos, compartindo esta filosofía co resto de áreas da empresa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información