A correduría de seguros galega Ucoga Asesores S.L. formalizou en decembro a adquisición da correduría Cima Xestión de Riscos, situada na localidade de Touro, a escasos quilómetros de Santiago de Compostela.
Esta operación supón un paso estratéxico para fortalecer o posicionamento de UCOGA no noroeste de España, consolidándose como un referente no sector asegurador da rexión.
CIMA Xestión de Riscos, unha empresa familiar con máis de 40 anos de traxectoria, foi un piar na xestión de seguros nesta zona de Galicia. A súa integración no grupo UCOGA permite a esta última ampliar o seu alcance e reforzar o seu compromiso cos ámbitos menos urbanos da comunidade galega.
“A compra de CIMA Xestión de Riscos é un paso importante na nosa folla de roteiro para seguir consolidando a nosa posición como líderes en Galicia e o noroeste de España. Esta operación permítenos fortalecer a nosa presenza nas zonas rurais, onde vemos un gran potencial para continuar ofrecendo servizos personalizados e de calidade”, destacou Iván Novo, director xeral de UCOGA.
Con esta adquisición, UCOGA da inicio a unha nova etapa marcada pola expansión e a innovación. Este fito representa a súa primeira compra corporativa, un movemento que non só apoia o crecemento sostido dos últimos anos, senón que tamén posiciona á empresa como un actor crave no mercado de adquisicións do sector asegurador.
Ademais, este avance podería xerar un “efecto chamada” para futuros acordos, consolidando a UCOGA como un importante actor a ter en conta dentro da concentración do mercado que se está vivindo na actualidade.
Esta adquisición reafirma o compromiso de UCOGA de seguir liderando o sector asegurador no noroeste da península, priorizando sempre a excelencia no servizo e a adaptación ás necesidades do mercado.
Con esta fusión xuntánse as forzas do equipo de CIMA e Ucoga, configurando un equipo equilibrado, experimentado e con moita enerxía; o que augura un futuro moi prometedor á correduría.
Ucoga, que nace en xaneiro de 2013 para consolidarse como un referente no sector de seguros en Galicia, conta na actualidade con 6 puntos de atención ao público, e continúa co seu crecemento seguindo o seu plan de expansión.