A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

UCOGA reforza a súa expansión coa apertura dunha nova oficina na Coruña

A correduría galega inaugura oficialmente a súa décima sede e afianza a súa presenza nun dos principais polos económicos de Galicia

UCOGA reforza a súa expansión coa apertura dunha nova oficina na Coruña

UCOGA continúa avanzando no seu proceso de crecemento coa apertura dunha nova oficina na Coruña, situada na Avenida da Habana, 32. A correduría galega celebrará o próximo 28 de maio o acto oficial de inauguración dun espazo que xa se atopa operativo e que supón un novo paso na súa estratexia de expansión territorial.

Con esta incorporación, a compañía suma xa dez oficinas na súa rede comercial e reforza a súa presenza en contornas urbanas e empresariais de alto dinamismo económico. Ademais da nova sede coruñesa, UCOGA conta con oficinas en Santiago de Compostela, Santa Comba, Chantada, Vigo, Sarria, Touro, Monforte de Lemos, Ordes e tamén en Xixón.

A apertura da oficina da Coruña enmárcase na folla de ruta de consolidación e crecemento que a firma vén desenvolvendo nos últimos anos. Nacida en 2013 vinculada ao cooperativismo agroalimentario galego, UCOGA evolucionou ata converterse nunha correduría especializada capaz de ofrecer solucións aseguradoras para particulares, autónomos e empresas de múltiples sectores.

O director xeral de UCOGA, Iván Novo, destaca que esta nova sede “supón un paso moi importante dentro do crecemento da compañía e reflicte claramente a evolución experimentada nos últimos anos”. Ademais, subliña que “A Coruña é unha cidade estratéxica para seguir fortalecendo a nosa marca, cun tecido empresarial potente e un mercado dinámico con gran capacidade de desenvolvemento”.

Novo asegura tamén que a compañía quere achegar á cidade “toda a súa experiencia, produtos e unha forma de traballar baseada na proximidade, o asesoramento personalizado e a confianza”.

Unha correduría cada vez máis transversal
Aínda que o sector agroalimentario continúa sendo unha das grandes señas de identidade de UCOGA, a compañía foi ampliando progresivamente a súa actividade ata configurar unha oferta aseguradora máis ampla e transversal.

Na actualidade, a correduría ofrece seguros adaptados a empresas, autónomos e particulares, con coberturas específicas para ámbitos como o transporte, o comercio ou a industria, ademais de seguros de fogar, automóbil, saúde, vida ou responsabilidade civil.

“Aínda se nos identifica moitas veces exclusivamente co sector agro porque aí están as nosas orixes, pero hoxe contamos cun equipo preparado para asesorar practicamente calquera necesidade aseguradora”, explica Iván Novo.

A nova oficina da Coruña supón tamén un novo avance no modelo híbrido de atención da correduría, que combina a proximidade presencial coa utilización de ferramentas dixitais para a xestión de pólizas, orzamentos e atención continuada aos clientes.

Con esta apertura, UCOGA inicia unha nova etapa de crecemento mantendo intacta a filosofía coa que naceu: ofrecer un servizo próximo, profesional e adaptado ás necesidades reais de cada cliente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *