A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

UCOGA reforza o seu liderado coa incorporación de Martín Fernández

O novo responsable de Negocio, con 20 anos de experiencia no sector, liderará a estratexia de crecemento e fortalecemento do equipo na compañía

UCOGA reforza o seu liderado coa incorporación de Martín Fernández

Martín Fernández incorpórase como novo Responsable de Negocio en UCOGA.

UCOGA Correduría de Seguros anuncia a incorporación de Martín Fernández como novo Responsable de Negocio da compañía, enmarcando este nomeamento dentro da estratexia de crecemento e fortalecemento do equipo.

“Sentímonos moi motivados coa chegada de Martín Fernández ao noso equipo”, expresa Iván Novo, director xeral da compañía. O novo Responsable de Negocio que conta con case 20 anos de experiencia no sector asegurador, destaca polo seu liderado e capacidade para desenvolver oportunidades de negocio.

“A súa experiencia e visión do negocio, unidas á vontade de crecemento e ao talento que caracteriza a UCOGA, forman unha combinación que nos permitirá alcanzar novas metas e consolidar o noso liderado no mercado”, indica Iván Novo.

A incorporación de Martín Fernández reforza o compromiso de UCOGA coa innovación, a mellora continua e a oferta de solucións aseguradoras personalizadas. Ademais, destaca a súa aposta por un equipo cualificado e o fortalecemento de relacións con socios comerciais. “Confiamos en que o seu liderado e experiencia nos impulsen a seguir crecendo xuntos”, sinalou Novo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *