A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga presenta o seu novo Plan Estratéxico para os próximos tres anos

A correduría galega fai públicos os seus principais obxectivos operativos e financeirospara responder á velocidade de transformación da contorna

Ucoga presenta o seu novo Plan Estratéxico para os próximos tres anos

Nova oficina de Ucoga en Santiago, ubicada no barrio de San Lázaro.

A correduría galega Ucoga Asesores S.L presenta o seu novo Plan Estratéxico para o período 2021-2023. Neste plan preséntase unha descrición detallada dos plans da empresa e dos principais obxectivos estratéxicos, tanto operativos como financeiros, no contexto deste novo plan de acción. O obxectivo final é o de reforzar a súa estratexia para responder á velocidade de transformación da contorna. Deste xeito, busca conseguir manter a competitividade no sector.

A correduría baseouse en tres grandes fontes e criterios para confeccionar esta nova folla de ruta. A configuración dos recursos humanos da empresa, que fixan as capacidades para afrontar os novos retos; a aposta polas novas tecnoloxías, manténdose sempre á vangarda da innovación, e, finalmente, a adaptación ás necesidades de competitividade do propio sector, para garantir a súa viabilidade presente e futura no territorio, mantendo sempre unha perspectiva de liderado.

Escoitar aos clientes

Para a realización deste plan estratéxico, a correduría baseouse nas análises exhaustivas dos cambios na contorna, da estrutura interna e os recursos da empresa. Para achegar a maior obxectividade posible, Ucoga realizou un plan de escoita dentro da súa carteira de clientes. A combinación de toda esta información resultou de vital importancia á hora de definir os pasos que vai seguir a correduría nos vindeiros anos.

<<É un plan moi ambicioso fundamentado na progresión e evolución do proxecto que comezamos hai 8 anos. Trátase de aproveitar as oportunidades de crecemento que vemos no futuro a medio e longo prazo. Con este novo plan estratéxico, Ucoga consolídase como correduría de referencia, á vez que fortalece a súa competitividade para converterse nun distribuidor líder no mundo do seguro agroalimentario e do sector transportes>>, confirma Iván Novo, director xeral de Ucoga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *