A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga pecha un acordo con Ágora para a contratación de seguro agrario

A firma galega colaborará na xestión e contratación de seguros agrarios de Ágora Broker, unha das principais corredurías de Castela e León

Ucoga pecha un acordo con Ágora para a contratación de seguro agrario

Iván Novo (Ucoga) e Vicente Pino (Ágora), na sinatura do acordo de colaboración entre ambas entidades.

As corredurías de seguros Ágora Broker e Ucoga Asesores S.L veñen de asinar un convenio de colaboración. O acordo foi subscrito por Vicente Pino, CEO de Ágora Broker e Iván Novo, director xeral de Ucoga.

A través deste acordo, Ágora confiará a xestión e contratación dos seguros agrarios combinados a Ucoga, un dos líderes nacionais do sector en materia aseguradora agrícola. Actualmente, Ágora, correduría con sede en Medina del Campo, conta xa coa sección Agoragro, un apartado específico para esta tipoloxía de seguro enfocada no rural.

A misión de ambas as entidades non é outra que a de ofrecer, de forma conxunta, o mellor servizo especializado aos asegurados. Deste xeito, Ágora Broker poderá beneficiarse da especialización e ampla experiencia de Ucoga no ámbito agrícola; quen achegará un servizo profesional e xerará un beneficio directo para todos os clientes e socios da correduría castellanoleonesa.

Esta unión de forzas permitirá a Ucoga consolidar a súa presenza a nivel nacional, guiados da man dunha das maiores corredurías con sede en Castela e León. Sen dúbida un pacto moi beneficioso para ámbalas entidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *