A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga indemniza con máis de 176.000 euros aos gandeiros galegos por perdas na colleita de millo forraxeiro

Ucoga indemniza con máis de 176.000 euros aos gandeiros galegos por perdas na colleita de millo forraxeiro

Ucoga, a maior correduría de seguros agrarios de Galicia, acaba de presentar os resultados da súa liña 315, unha póliza específica para asegurar a colleita de millo forraxeiro e que ten un custo medio por hectárea, unha vez aplicadas as subvencións específicas para cada asegurado, de entre 8 e 10 euros.

No plan 2015 Ucoga contratou 155 pólizas en Galicia da liña 315, o que supón o 56,56% das emitidas en Galicia o pasado ano, asegurando un total de 3.965 hectáreas de millo forraxeiro sobre un total de 6.650 aseguradas en Galicia. En primas, traduciuse en 66.762 euros xestionadas por Ucoga e 108.761 no conxunto da comunidade.

En canto ás indemnizacións pagadas, Ucoga abonou aos gandeiros galegos un total de 176.449 euros por 92 sinistros que provocaron perdas na colleita de millo forraxeiro. O risco que máis incidencia tivo foi o de seca, con 151.877 euros, seguido do de fauna silvestre, fundamentalmente xabaril, con 24.103 euros e o de choiva con 468 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *