A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga doa 740 litros de leite en nome de Cojebro

Ucoga doa 740 litros de leite en nome de Cojebro

A correduría de seguros galega, UCOGA, participou na IV edición do Camiño de Santiago Cojebro Solidario e promoveu unha acción solidaria baixo o hashtag #10litrosmas.

Con esa proposta, UCOGA buscaba realizar unha achega ao Banco de Alimentos Rías Altas, en nome de Cojebro, unha entidade asociativa de compañías de seguros. Por cada peregrino que pasase pola súa sede principal en Santiago e se fixese eco da acción en RRSS co hashtag #10litrosmas, doaría dez litros de leite. Finalmente, conseguiron recadar 740 litros de leite que xa se atopan nos almacéns do banco de alimentos.

O Camiño de Santiago Cojebro Solidario, está a consolidarse como unha cita obrigada do sector asegurador. Unha actividade que, cada ano, suma novos participantes que gozan, durante varios días, percorrendo as diferentes etapas do camiño en compañía doutros compañeiros do sector.

Iván Novo, socio director de Ucoga, manifestou: “Ao pasar este Camiño por diante das oficinas da nosa correduría, quixemos pór o noso granito de area, involucrándonos solidariamente a través do sector gandeiro, tan importante para nós, e así continuar co exemplo solidario de Cojebro, facendo esta doazón no seu nome. Foi a nosa forma de axudar a quen tanto o necesitan”.

Pola súa banda, Antonio Muñoz-Olaya, presidente de Cojebro, indicou: “É un orgullo que o noso Camiño Cojebro Solidario sexa inspiración para os nosos socios doutras accións solidarias. Agradézolle a Iván Novo, en nome de todos os compañeiros de Cojebro, a súa solidaria contribución”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *