A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga, correduría de seguros líder no agro

A compañía galega consolídase como a gran referencia en seguros no sector agroalimentario a nivel estatal

Desde o seu nacemento no 2013, a correduría de seguros galega Ucoga está a protagonizar unha destacada expansión, ata o punto de liderar as pólizas no sector agroalimentario a nivel estatal. “Contamos con máis de 2.000 granxas tanto de Galicia como doutras comunidades, somos líderes en cultivos, en vacún e ofrecemos produtos exclusivos adaptados ás necesidades das explotacións”, repasa o director xeral de Ucoga, Iván Novo.

Ucoga, que nos primeiros anos se enfocou na súa especialización no sector agroalimentario e de transportes, extendeu ademais a súa acción nos últimos anos ás pólizas xerais, o que a sitúa como unha das principais corredurías de seguros galega, con oficinas xa abertas en distintas vilas e cidades de Galicia.

Co director xeral de Ucoga, Iván Novo visitamos unha das granxas que traballa con Ucoga, Sat Busto Corzón (Mazaricos), que é unha das ganderías de referencia en Galicia, tanto por dimensión como por profesionalización e como exemplo de unión de explotacións próximas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *