A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga conta con nova oficina en Santiago de Compostela

Con esta nova sede, daranse reposta aos problemas de capacidade e incorporaranse solucións innovadoras en deseño, construción e tecnoloxía, con mobiliario moderno e sistemas informáticos de última xeración

Ucoga conta con nova oficina en Santiago de Compostela

Ucoga abre unha nova oficina no parque comercial de Costa Vella, en Santiago de Compostela, un fito co que a compañía non so estrea novas instalacións, senón que dá tamén a benvida ao 2026 marcando o inicio dunha nova etapa na súa traxectoria. Coa nova sede reforza a súa capacidade para atender a clientes e provedores e continúa ofrecendo un servizo especializado e de máxima calidade.

O novo espazo permite dar resposta aos problemas de capacidade existentes ata o de agora, incorporando solucións innovadoras en deseño, construción, e tecnoloxía, con mobiliario moderno e sistemas informáticos de última xeración. Todo elo tradúcese nunha maior comodidade para o equipo humano e un entorno de traballo adaptado aos retos actuais e futuros do sector asegurador.

Segundo indica o director xeral, Iván Novo, “comezar o ano estreando oficina simboliza perfectamente o momento que vive Ucoga: unha etapa de consolidación, ambición e crecemento, cun proxecto pensado para as persoas e para seguir mellorando o servizo que ofrecemos”.

No encontro estiveron presentes o presidente de UCOGA, Jesús Bardelás, así como Juan Gallastegui, secretario do Consello de Administración. Durante a súa intervención, Bardelás quixo pór en valor a importante labor que realizan todas as persoas que forman parte da correduría e destacou especialmente a iniciativa e o impulso de Iván Novo por seguir buscando sempre un paso máis no crecemento e a evolución da compañía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *