A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga aumenta un 14% as pólizas de seguro suscritas

A correduría de seguros galega, especializada no sector agrario, vén de celebrar a súa convención anual, na que se constatou que mantén a tendencia de crecemento dos últimos anos

Ucoga aumenta un 14% as pólizas de seguro suscritas

Convención de Ucoga, cun turno de debate no que participaron Iván Novo, Elia Guardiola e Eulogio Doval.

Ucoga, a correduría de seguros galega especializada no sector agrario, continúa a tendencia de crecemento dos últimos anos, nos que medra a dobres díxitos tanto en pólizas suscritas como en facturación. Desde a súa creación no 2013, a firma galega convertiuse nun referente dos seguros agrarios e nos últimos anos consolidou ademais a súa actividade de aseguramento de riscos noutras áreas. Froito do seu crecemento continuo, durante o 2018, Ucoga acadou as 21.593 pólizas intermediadas, o que representa un aumento do 14% en comparación co ano anterior.

Tódolos números da compañía convidan ó optimismo. O número de clientes aumentou tamén no último ano arredor dun 9%, chegando ós 9.089; e a súa facturación incrementouse nun 10%. Os datos do primeiro cuadrimestre do 2019 confirman ademais que a tendencia de mellora prosegue, un éxito que o director xeral da compañía, Iván Novo, atribúe principalmente ó factor humano, ó que une os medios técnicos e o coñecemento e experiencia acumulados.

O director xeral de Ucoga, Iván Novo, a ponente Elia Guardiola e o presidente de Ucoga, José Montes, na convención da compañía.

O director xeral de Ucoga, Iván Novo, a ponente Elia Guardiola e o presidente de Ucoga, José Montes, na convención da compañía.

“A clave do éxito de Ucoga é que estamos aí cando a xente nos necesita. No importante, non fallamos nunca. Cando hai un problema, xestionámolo como se fose noso. Probablemente o servizo mellor valorado polos nosos clientes sexa o departamento de Sinistros” -considera-. “Esta atención é o que nos permite lograr os números que estamos repetindo ano a ano”, explicou Iván Novo durante a convención de Ucoga, celebrada onte en Santiago.

De cara ó futuro, Ucoga márcase o reto de aumentar a súa participación nos seguros persoais dos seus clientes, nos que polo de agora ten un peso limitado. A aposta pola dixitalización e a eficiencia é outro dos puntais da empresa.

A presentación dos resultados de Ucoga, realizada onte na convención anual da empresa, acompañouse dunha entrega de recoñecementos ó persoal que máis se distinguiu en vendas no último ano. O evento contou tamén coa intervención de Eulogio Doval, de Reale Seguros, a cuarta compañía aseguradora en volume de pólizas en Galicia, e de Elia Guardiola, especialista en marketing emocional.

Asistentes á convención.

Asistentes á convención.

O peche do acto correu a cargo do presidente de Ucoga, José Montes, que lembrou os inicios de Ucoga no 2013, cando tres cooperativas galegas, Feiraco, Os Irmandiños e Icos deron o paso de crear unha correduría propia, á que logo se sumarían outras cooperativas, colaborando no crecemento progresivo da empresa ata a situación actual, na que Ucoga constitúe un exemplo de éxito do sector agrario galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *