A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga aumenta o seu volume de negocio nun 16% no último ano

A correduría de seguros galega, especializada no agro, celebrou a súa asemblea anual en Santiago

Ucoga aumenta o seu volume de negocio nun 16% no último ano

Ucoga vén de celebrar a súa asemblea anual.

Ucoga Asesores S.L, correduría de seguros especializada en seguros para o sector agroalimentario e de transporte, celebrou, como cada ano, a súa asemblea xeral de socios o pasado xoves, 12 de maio, no Pazo Vistalegre de Santiago de Compostela.

De entre os puntos da orde do destacan a presentación dos datos do peche de exercicio 2021 e a aprobación, por unanimidade, das contas anuais. Fíxose especial fincapé nos resultados tan positivos obtidos ao longo deste último ano no que, a pesar da crise económica xerada pola COVID-19, a cifra de negocio de Ucoga incrementouse nun 16,7% con respecto ao ano anterior.

Nun período onde o desequilibrio da situación económica global foi protagonista, Ucoga pecha o exercicio como un ano moi exitoso para a compañía, cun 14% máis de pólizas xestionadas que no ano 2020 e un crecemento dun 25% no volume de clientes.

Ademais, consolidáronse accións que se definen, dentro do proxecto de Ucoga, como unha evolución dentro dos obxectivos marcados no seu Plan Estratéxico 2021-2023. Por exemplo, a integración dun Cadro de Mando e dun software CRM que facilite e mellore a xestión interna do negocio; a consolidación dun departamento de venda online ou a realización dun gran volume de horas dedicado á formación do persoal.

Iníciase, pois, un novo exercicio para Ucoga, con enerxías renovadas, para consolidar e seguir avanzando neste gran proxecto que, baséase no bo facer, na profesionalidade e especialización do servizo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *