A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga amplía a súa rede de oficinas cunha apertura en Santiago

A correduría de seguros galega pon en marcha un novo local no barrio de San Lázaro, que se suma aos que xa ten operativos en Santa Comba, Chantada e Sarria

Ucoga amplía a súa rede de oficinas cunha apertura en Santiago

Nova oficina de Ucoga no barrio de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Ucoga amplía a súa rede de oficinas e abre unha nova sede no céntrico barrio de San Lázaro, en Santiago de Compostela. A entidade, que ten o seu núcleo de negocio no sector agroalimentario e de transportes, encamiñouse a aumentar as súas liñas de negocio e ofrece todo tipo de solucións aseguradoras para particulares e empresas.

O obxectivo desta apertura é o de estar máis próximos ao cidadán santiagués, ofrecendo produtos e prezos exclusivos coas mellores compañías aseguradoras do mercado. A entidade, que ten a súa sede central no Polígono do Tambre (Santiago), naceu na capital galega no 2013 da man do cooperativismo agrario co obxectivo de achegar novas solucións aseguradoras ao sector agroalimentario e de transportes, no que actualmente son referentes a nivel nacional.

Con todo, esa dedicación durante todos estes anos, permitiulles medrar e ampliar a súa carteira de produtos e, na actualidade, contar cunha gran capacidade negociadora que lles permite ofrecer produtos e prezos exclusivos.

Rede de oficinas
Deste xeito, a de San Lázaro convértese na quinta oficina de Ucoga xunto coas sedes de Santa Comba, Sarria, Chantada e a sede central do Polígono Industrial do Tambre. Nesta última manteranse os departamentos de administración e dirección, mentres que trasladan ao equipo de contratación á nova localización, co propósito de apostar pola proximidade ao cliente.

Ucoga seguiu a liña de expansión contemplada no seu plan estratéxico, o que supón un paso máis na súa traxectoria, apostando por seguir crecendo nun ano tan complicado como foi o 2020. Todo iso supón unha decisión valente, levando a cabo a apertura de novos locais de atención ao cliente e é que, dentro do seu proxecto empresarial, está previsto abrir máis oficinas en novos emprazamentos, coa misión de estar máis próximos aos seus asegurados.

Esta apertura supón un paso máis na traxectoria dunha firma que xa asegura en todo o territorio nacional e que goza dunha infraestrutura, tanto presencial como dixital, que lle permite achegar todos os medios para que o cliente poida realizar todas as súas xestións con Ucoga dunha maneira sinxela e cómoda.

Todo o equipo de Ucoga anímache a visitar a súa oficina en Rúa San Lázaro 82. Tamén podes contactar con eles chamando ao 881 155 155.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *