A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga abre unha nova oficina en Monforte de Lemos

A correduría continúa a súa expansión en Galicia e aposta pola atención personalizada no ámbito rural

Ucoga abre unha nova oficina en Monforte de Lemos

Inauguración de Ucoga en Monforte de Lemos.

Ucoga vén de inaugurar unha nova oficina en Monforte de Lemos dentro do seu plan de crecemento en Galicia. A apertura responde ao seu compromiso de estar máis preto do cliente, ofrecendo un servizo profesional, humano e adaptado ás necesidades reais de cada persoa.

Esta nova sede nace da colaboración entre Ucoga e a Cooperativa Lemos, coa que mantén unha alianza consolidada. A correduría é xestora exclusiva de seguros para a cooperativa, e ambas entidades comparten o obxectivo de ofrecer solucións aseguradoras de calidade ao sector primario.

Con esta oficina, Ucoga quere achegar o seu modelo de atención a toda a poboación da zona. Refórzase así o compromiso da empresa co medio rural e co desenvolvemento local.

Desde a sede de Monforte ofrecerase o catálogo completo de produtos aseguradores: agrarios, de fogar, saúde, vida, automóbil e empresas, entre outros. A correduría traballa con máis de 35 compañías, o que lle permite deseñar propostas a medida e con condicións competitivas.

Iván Novo, director xeral de Ucoga, afirmou que “esta apertura reforza o noso compromiso co rural galego e co sector agrario, que é a orixe e motor da nosa actividade”.

O acto de inauguración contou con representantes de Ucoga, da Cooperativa Lemos e numerosos veciños da localidade, que se achegaron a coñecer o novo espazo e ao equipo profesional que prestará o servizo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *