A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Trituradora Orsi WGR, a referencia para uso en praderías

Millares Torrón comercializa toda a gama de máquinas de trituración da marca italiana, que destaca pola calidade e amplitude da súa oferta, con equipos para prados e tamén para usos en taludes, cunetas ou en plantacións frutais

A empresa lucense Millares Torrón comercializa unha ampla gama de trituradoras, tanto de uso agrario coma forestal. Para o seu uso en praderías, a firma destaca como a gran referencia en calidade e vendas a trituradora Orsi WGR, que se comercializa en diversos anchos de traballo que poden chegar ata os 3,20 metros.

A Orsi WGR, que en Galicia é utilizada principalmente para limpeza de praderías, pode procesar ademais pólas de árbores de ata 8 centimetros de diámetro. A máquina conta cun rotor que leva normalmente un sistema de martelos, aínda que tamén hai a alternativa do uso de cuchillas.

Un dos elementos máis destacados da trituradora é que é reversible. Pode ir acoplada tanto no tripuntal dianteiro do tractor, de xeito que en todo momento hai un control sinxelo do seu funcionamento, como ir enganchada atrás, onde pode funcionar tanto marcha adiante coma marcha atrás.

millares torron orsi estandar

Para o uso da Orsi WGR con 2,80 metros de ancho de traballo -unha das máis habituais, xa que permite circular co tractor pola estrada-, recoméndase un tractor de 100 cabalos, en tanto que para equipos cun ancho inferior, a potencia precisa será inferior. O rotor da Orsi é helicoidal, de xeito que se reduce tanto o gasto de combustible coma as esixencias de potencia.

Garantía de 3 anos
Como aspecto a ter en conta, en Millares Torrón inciden na garantía de tres anos que teñen as trituradoras Orsi, elaboradas en fundición cun material que se caracteriza pola súa resistencia ó desgaste, o hardox, un aceiro duro de alta resistencia.

“Traballamos con máis marcas de trituradoras agrícolas, pero en primeira calidade, esta é a que recomendamos” -explican-. “Está feita en material de calidade e o seu traballo en campo é perfecto. Úsase moito para limpeza de prados, de xeito que a herba que xa non é aproveitable para o gando queda triturada e esparcida pola pradeira, servindo de abono”.

Equipos de brazo
A ampla gama de trituradoras Orsi inclúe tamén equipos de brazo, ideais para limpezas en altura, coma taludes, e tamén ten unha opción máis económica, un equipo de medio brazo, válido para limpezas a media altura, coma cunetas, cun diámetro de traballo de 2 metros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *