Tres lácteos ó día: o consumidor coñece a recomendación nutricional, pero só o 45% a cumpre

A Interprofesional Láctea lanza unha nova fase da campaña ‘Cuenta con los lácteos europeos, para achegarlle á poboación os beneficios de alimentos saudables e sostibles

Tres lácteos ó día: o consumidor coñece a recomendación nutricional, pero só o 45% a cumpre

Presentación da campaña 'Cuenta con los lácteos europeos'.

Os lácteos están a día de hoxe presentes en case todos os fogares españois (98%) e, ademais, un 70% das persoas responsables da compra afirman coñecer a recomendación nutricional de tomar tres lácteos ó día, avalada pola cumunidade científica. Malia ese amplo coñecemento dos beneficios dos lácteos, só un 45% da poboación chega a esas cifras de consumo, de acordo cos datos de DeskMind Research (xuño 2025).

En relación ó impacto positivo, a nivel ambiental e social, do consumo de lácteos europeos, só o 40% da poboación recoñece a súa importancia, quedando unha ampla marxe de mellora.

Respecto ao impacto positivo, a nivel ambiental e social do consumo de lácteos europeos, só o 40% recoñece a súa importancia, quedando aínda un amplo percorrido de mellora.

Precisamente, para achegar os beneficios dos lácteos europeos á cidadanía e comunicar os seus valores sostibles, a Organización Interprofesional Láctea (InLac) lanzou a campaña “Conta cos lácteos europeos”, que integra un amplo abanico de accións de divulgación en España e Bélxica ata 2028, con apoio da UE.

Presentación da campaña
Esta iniciativa -presentada hoxe en Madrid, con presenza da Subdirectora Xeral de Promoción de Alimentos de España, Purificación González Camacho, xunto a expertos e analistas como Javier Fontecha (CSIC), Tomás García Azcárate (doutor enxeñeiro agrónomo) e Sofia Alday (Conafe)- dará continuidade á campaña anterior denominada “Conta cos produtos lácteos europeos”, que concluía en febreiro de 2025 despois de tres anos de duración con grandes avances en divulgación, ao lograr máis de 500 millóns de impactos.

As accións impulsadas ata o de agora conseguiron afianzar a imaxe dos lácteos e do sector blindándoos do “crecente ruído” de noticias falsas, vinculadas ao mundo da nutrición, da saúde e da sustentabilidade.

Así, avanzouse moito, pero queda moito camiño por percorrer no ámbito da divulgación. Segundo resaltou o presidente de InLac, Javier Roza, “queremos concienciar aos cidadáns de España e Bélxica de que a sustentabilidade ambiental, social e económica do sector, xunto á súa aposta polo benestar animal, son elementos importantes que deben motivar aos consumidores para comprar un lácteo de orixe europea. E traballaremos para que os fogares europeos alcancen as cantidades diarias de consumo recomendadas: 3 lácteos ao día”.

“Máis que unha campaña ao uso, queremos crear todo un movemento co obxectivo de concienciar aos consumidores sobre o poder que ten a súa elección de compra para facer do mundo un lugar máis sostible. Porque cada pequeno xesto, ‘conta’: Ir ao supermercado en transporte público, utilizar un carro da compra en lugar de bolsas de plástico ou elixir produtos lácteos de proximidade e sostibles”, destaca a directora xerente de InLac, Nuria Maria Arribas.

A colaboración do artista Óscar Alonso (máis coñecido como “@72quilos”, con máis de 3 millóns de seguidores) conseguiu crear unha narrativa próxima con diferentes deseños e soportes. De feito, os materiais de divulgación empregados (como “o carro da sustentabilidade láctea, unha bolsa da compra sostible, imáns e adhesivos coleccionables) teñen mensaxes claras que animan ao consumidor para que aposte por lácteos europeos.

No marco desta campaña, un roadshow itinerante levará as principais mensaxes da campaña ao longo e ancho da xeografía nacional. Trátase dun autobús vinilado polo mesmo artista que ofrecerá ao público urbano información relevante sobre o sector lácteo e os seus beneficios saudables, para o medio ambiente e para o desenvolvemento rural.

Modelo lácteo europeo
Tomás García-Azcárate, doutor enxeñeiro agrónomo especialista en Economía Agraria pola Universidade Politécnica de Madrid e experto en asuntos comunitarios, puxo en valor o modelo de produción láctea europea actual e a súa relevancia como factor de maior competitividade nos esixentes mercados internacionais. “Europa ofrece produtos de calidade, fonte de pracer para os consumidores e co maior nivel de garantía sanitaria do mundo”, concreta.

“A gandería produtora de leite crea postos de traballo estables ao seu ao redor e fixa poboación en zonas rurais, o cal é hoxe máis necesario que nunca para manter o campo e o monte. Está a demostrarse cientificamente que a paisaxe que hoxe temos é froito da acción histórica dos ruminantes e que o metano producido por estes é menos contaminante que o dióxido de carbono que procede doutras actividades humanas”, valorou a directora xerente de Conafe, Sofía Alday.

“Nas ganderías incorpóranse hoxe medidas moi esixentes para reducir a contaminación ambiental, tanto en redución de emisións contaminantes, coa reciclaxe e reutilización de materiais, ou xerando a súa propia enerxía, sen esquecer tamén as medidas necesarias para asegurar o benestar dos animais das súas granxas, para que vivan sans e nas mellores condicións posibles”, asevera Alday.

3 lácteos ao día
Tal e como explicou o doutor Javier Fontecha, profesor de Investigación do CSIC no Instituto de Investigación en Ciencias da Alimentación (CIAL-CSIC/UAM), a comunidade científica acadou “un consenso xeneralizado ao considerar ao leite e os produtos lácteos como un dos piares da alimentación, grazas ás súas características nutricionais: a gran variedade de nutrientes convérteos en alimentos moi completos; pola súa composición adáptanse a distintas dietas de persoas con distintos requirimentos nutricionais; e, ademais, presentan elevado contido de ingredientes bioactivos e funcionais con beneficios para a saúde”.

“Un tema do máximo interese, dado o aumento da esperanza de vida, son os estudos dirixidos a evidenciar a vantaxe de certos compoñentes en relación con beneficios na función cognitiva durante o envellecemento”, engadiu.

“Como conclusión das evidencias científicas, as recomendacións nutricionais actuais recoñecen a contribución dos lácteos a unha dieta saudable, xa que o seu consumo implica elevar os niveis de múltiples nutrientes, elementos minerais, vitaminas e proteínas de elevada calidade nutricional, sen incrementar o risco en enfermidades e a mortalidade xeral”, concluíu Fontecha.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información